Somos
Plantá-
monos

Un movemento aberto de organizacións e persoas que defenden a Soberanía Alimentaria e a agroecoloxía labrega, co protagonismo das labregas e das traballadoras da terra, que reivindican un mundo rural vivo e unha firme resistencia á destrución da natureza, a terra e da vida.

Porque como sociedade precisamos dun cambio social urxente que apoie a pequena e mediana agricultura fronte á agricultura actual baseada nos agrotóxicos e monocultivos e fronte á gandería industrial dominada polo maltrato animal, que non fai máis que agravar a crise climática e da biodiversidade.

Por Que
Plan-
támo-
nos

Mobi-
lizámo-
nos

Reclamamos a necesidade dunha transición agroecolóxica urxente que favoreza e apoie a agricultura familiar e social. Mobilizámonos para defender a soberanía alimentaria, baseada no coidado das persoas e dos ecosistemas. Cantas máis sexamos, máis fortes serán as nosas peticións e propostas, e poderemos ser un apoio dos distintos territorios e das súas loitas.

Úne-
te

Se queres formar parte do movemento pola Soberanía Alimentaria a prol da agroecoloxía labrega, co protagonismo das labregas e das traballadoras da terra, que reivindican o coidado do medio ambiente, do medio rural, e que ofrece ás consumidoras unha alimentación saudable, de calidade e de proximidade escríbenos a info@nosplantamos.org