Campamento de formación e activismo do movemento pola Soberanía Alimentaria

Do 31 de agosto ao 4 de setembro organizamos un evento en Córdoba, no que participaremos diferentes persoas e colectivos involucrados na transformación do modelo agroalimentario para avanzar cara a soberanía alimentaria. Se queres participar nel, apúntate no seguinte formulario:

Por que organizamos este encontro?

Durante o segundo semestre de 2023, entre o 1 de xullo e o 31 de decembro, España vai ostentar a presidencia do Consello da Unión Europea. Neste contexto, os días 4 e 5 de setembro reuniranse en Córdoba as persoas ao cargo dos Ministerios de Agricultura de toda a Unión Europea. E iso lévanos a realizar este chamamento para dicirlles que estamos fartas:

ATÉ AQUÍ CHEGAMOS! PLANTÁMONOS

Por un modelo agroalimentario xusto e sostíbel e un mundo rural vivo.
Soberanía alimentaria e labrega XA!

Con motivo da reunión de ministros e ministras de agricultura en setembro, facemos un chamamento para dicirlles que estamos fartas:

Por iso, queremos facer saber aos Ministros e Ministras da Agricultura da Unión Europea que necesitamos:

Se ti tamén estás farta de todo isto e cres que necesitamos un cambio, podes:

Sumarte a este chamamento como organización, colectivo ou experiencia de produción e consumo.

Informarte da Axenda do Campamento de formación e activismo do movemento pola Soberanía Alimentaria, que terá lugar en Córdoba, do 31 de agosto ao 4 de setembro.

Inscribirte ao Campamento.

Programa do Campamento de activismo e fortalecemento do Movemento pola Soberanía Alimentaria
(Programa en proceso: nas próximas semanas irase actualizando na web)

Córdoba, do 31 de agosto ao 4 de setembro. Complejo Rural Río Secreto (Hornachuelos, Córdoba) a 30-35min de Córdoba capital

Neste campamento traballarase en dous eixes complementarios: 1) estratexias e técnicas de acción directa non violenta (ADNV) dentro do movemento alimentario, e 2) articulación do movemento alimentario. Cada un destes eixes ten actividades propias e apuntamos cara a unha maior mobilización e activación do movemento agroalimentario tanto nas formas de acción colectivas e de incidencia, como na articulación das organizacións do propio movemento pola soberanía alimentaria e agroecoloxía. As actividades de formación de ADNV constarán de diversos obradoiros sobre teoría e práctica de accións, tácticas de desobediencia civil, traballo en equipo e cuestións legais. A parte de articulación de organizacións traballarase mediante escenarios de futuro e proxección de estratexias colectivas.

Á súa vez, teremos momentos máis distendidos pero cargados de intención e experiencia como son os “Conversatorios”: espazos de reflexión colectiva e diálogo a partir da presentación dalgunhas experiencias e procesos de mobilización do movemento alimentario. Son espazos abertos a todas as asistentes, nas que poder compartir e dialogar sobre a temática e a experiencia de cada sesión nocturna.

O sábado, aproveitando que se celebra o Ecomercado de Córdoba, liderado polas produtoras agroecolóxicas de Córdoba, iremos á cidade para encontrarnos colectivamente.

E o luns, como colofón, aproveitaremos que as representantes dos Ministerios de Agricultura europeos están en Córdoba para dicirlles: Até aquí chegamos! Plantámonos!

Programa
Horarios aproximados: Mañá (9-13h), Tarde (17-21h), Conversatorios (22:30h)

QUEN SOMOS?

Somos un grupo de organizacións que apostamos por un modelo agroalimentario xusto e sostíbel e un mundo rural vivo.

ORGANIZACIÓNS DE APOIO

contacto

Se tes calquera dúbida ou suxestión podes escribirnos ao noso correo: soberania.alimentaria@tierra.org