Mobi-
lizá-
mo-
nos
Son moitas as persoas e colectivos que cren noutro modelo agroalimentario baseado na agroecoloxía e na construción conxunta de propostas contra a agricultura actual baseada nos agrotóxicos e monocultivos e contra a gandería industrial dominada polo maltrato animal, que só agrava a crise climática e de biodiversidade.
Somos un movemento social que enreda a quen defende a transformación cara a agroecoloxía e a soberanía alimentaria, que quere ser un axente fundamental na transformación do sistema agroalimentario. Un movemento integrador das labregas pagesia e baserritarras organizadas, gandeiras extensivas, experiencias e colectivos agroecolóxicos, xornaleiras de todo orixe, ecoloxistas, activistas climáticas, científicas, sindicalistas, consumidoras, de movementos sociais, e toda persoa que defenda a soberanía alimentaria.
Por iso, é vital para nós fortalecer o movemento pola Soberanía Alimentaria no Estado español, e avanzar cara a unha transición agroecolóxica, tanto na agricultura como na gandería, que permita multiplicar os proxectos xa existentes e que poña en marcha as persoas que traballan o campo e ás consumidoras. Necesitamos un movemento que favoreza o acceso a alimentos sans dos ecosistemas vivos, que non hipotequen o futuro nin o sustento da poboación por estar a mercé dos mercados.
Ampliar o movemento e chegar a todos os recunchos dos territorios é importante para que sexamos máis persoas, máis poderosas, máis diversas, máis creativas, máis transformadoras… Por iso buscámosvos e agardámosvos a todas vós. Organizacións e colectivos que comparten a visión da soberanía alimentaria, a agroecoloxía labrega, os sistemas agroalimentarios populares e os territorios rurais vivos, saudables e xustos… Colectivos e organizacións de produtoras, ecoloxistas, activistas climáticas, científicas, sindicalistas, consumidoras, de movementos sociais.
Necesitámonos todas!!! Cantas máis sexamos, máis fortes serán as nosas peticións e propostas, e poderemos ser un apoio dos distintos territorios e das súas loitas.